Marisa Castro: “Os curandeiros tiñan coñecementos de plantas e tamén un don para sanar”

  • Autor: Ana Rodríguez
  • Fecha: 18/04/2023
  • Medio: Faro de Vigo

“O que antes críamos que era mitoloxía, hoxe explícao a ciencia, e o que hoxe para nós parece ciencia, mañá pode ser mitoloxía”, manifestou a bióloga no Club FARO

“Os curandeiros tiñan coñecementos sobre plantas medicinais, iso é algo que se pode aprender. Pero hai xente que sabe sobre plantas e non as sabe usar, polo tanto os menciñeiros tiñan tamén un don”. Así o expresou onte no club FARO a bióloga, divulgadora científica e experta en micoloxía Marisa Castro, nun acto no que presentou a súa primeira novela, “A saga das curandeiras”, unha biografía ficticia da curandeira galega Rosalía Carcedo (1911- 1972) e baseada nesta forma de mediciña popular galega.

O farmacéutico Nicanor Floro presentou o acto, e comentou que os coñecementos dos menciñeiros sobre o poder das plantas medicinais é paralelo ao na sanidade oficial, pero non difire dela. Na súa exposición previa ao coloquio que se estableceu co público, Marisa Castro explicou que o seu novo libro é dalgún xeito o froito de moitos nos recollendo por toda Galicia diferentes usos e abusos de plantas e setas, ademais dunha débeda coa súa familia que se adicou a estas prácticas a través de varias xeracións. Explicou Marisa as tres prácticas ancestrais de curación do corpo e a alma: o chamanismo, don polo que algunhas persoas aseguraban poñerse en contacto cos deuses a través de sustancias psicoactivas, bruxería, maxia mediante pócimas, conxuros e preparados que trataban de convencer ou enganar a outra persoa valéndose de sustancias alucinóxenas, e curandeirismo, a práctica de aqueles que se valían de plantas que curaban de por si ou por outros, os compoñedores, que sabían manipular ósos. “Traballaban con ensaio- erro, do mesmo xeito que fixeron os primeiros médicos”, explicou.

Tras referirse a un texto de Domingo García Sabell no prólogo de “Escola de menciñeiros” de Álvaro Cunqueiro, no que o médico, político i escritor fala de que os curandeiros “diríxense ao encontro do home, non da doenza” e que “o doente que acude ao curandeiro non expón un conxunto de síntomas para que sexan tratados como enfermidade”, Marisa Castro explicou que en Galicia proliferaron moito os sanadores por ser unha terra incomunicada, con montes e corredoiras que dificultaban o acceso aos médicos e porque ata 1983 no campo non había Seguridade Social gratuíta. “Chamábase ao veterinario se a vaca enfermaba, coas persoas se resolvía o tema na casa e se acudía a herbas e fungos”.

Tamén explicou que os menciñeiros “non cobraban, se lles pagaba en días de traballo ou se lles daban ovos ou galiñas”.

Sobre Filomena Arias Armesto, a muller que inspirou a súa novela e que era coñecida como a bruxa ou sabia de Torbeo, comentou que chegou a ela por Antón Patiño, o vigués gran buscador e defensor da súa historia e que a dela se habela en títulos como “A lus do candil”, de Ánxel Fole, “Dicionario dos seres míticos galegos” ou “Galicia encantada. Relatou que esta muller humilde de Ribas do Sil, con moita fama en Galicia, León Zamora e Norte de Portugal, bebendo un día dunha fonte tivo unha especie de ataque epiléptico que fixo que un cura foxe a exorcizala. Relatou algunhas das historias atribuídas a ela, como cando mirou un neno acompañado da súa nai a lle dixo que o cativo tiña bichos, para despois curalo con plantas e outras que lle relataron protagonistas o testemuñas das súas prácticas. Deste xeito, Marisa Castro recolleu a testemuña do irmán dun intoxicado por setas ao que Filomena salvou a vida dándolle pan de centeo verde ou, outra que lle contaron máis relacionada coa bruxería, sobre cando a muller detivo coa súa mente un carro de bois de un veciño molesto, e que deixou inmóbiles ao bois ata que a Garda Civil llo pediu.

Respondendo á pregunta “¿Curandeirismo, bruxería ou ciencia?”, Marisa Castro acudiu a dúas frases prestadas: “O que antes críamos que era mitoloxía, hoxe explícao a ciencia” e “o que hoxe nos parece ciencia, mañá pode ser mitoloxía”.

A bióloga fai unha especie de homenaxe á ocupación dos seus antepasados menciñeiros

Pertence Marisa Castro á quinta ou sexta xeración dunha familia de curandeiros. Lembra unha conversa na que lle pedía ao seu avó que lle ensinara cousas que el sabía ao que el lle preguntou si se ía a adicar á tradición familiar. Daquela xa estaba estudando bioloxía e díxolle que non sabía, así que o home contestoulle que non lle contaba nada. “Son remisos a que se brinque con esas cousas, a que non se tomen en serio”, di. Parte do don do seu avó foi herdado por dos dos seus cinco fillos, un de eles o pai de Marisa, que ata os 92 anos arreglou ósos de persoas, algo que a bióloga tamén sabe facer.

A vida desta bióloga nada en Lugo ata que tivo 25 anos foi de labradora. Tivo a sorte de pasar pola universidade e deixou que esta pasase por ela. É bióloga, doutorada en Ciencias Biolóxicas e durante mais de trinta anos foi profesora da Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu case unha centena de teses de doutoramento. Hai máis dun ano que está xubilada e matriculouse na Universidade Sénior en Portugal.

Ademais da súa faceta de docente, destaca a si labor de divulgadora científica, xa que é e autora de máis de 25 libros divulgativos relacionados con cogomelos, plantas e árbores. A micoloxía é unha das áreas na que Marisa Castro é especialista, fundando a empresa MycoGalicia Plantae con membros do seu equipo de investigación.

Para documentarse para a súa primeira novela, Marisa Castro recolleu información de mulleres curandeiras que foi visitando ao logo da súa vida e tamén dalgúns homes que eran figuras imprescindible no mundo rural nunha época en que a xente do campo non tiña Seguridade Social gratuíta e poucos posibles económicos para acudir a médicos.

Comparte este post

Carrito de compra
Scroll al inicio