Só hai 26 persoas no mundo que coñecen esta historia. Agora, contigo, imos ser 27. O que che vou contar é difícil de crer, pero prométoche que pasou de verdade, vivino eu. Seguramente estarás preguntándote por que decidimos non explicarllo a ninguén. A resposta é moi sinxela: se o contásemos tomaríannos por tolos, así que acordamos gardar o segredo e xamais falar deste tema con ninguén.
Ata hoxe…
Autora: Victoria García
Victoria García é xornalista e mestra de Primaria. Pontevedresa afincada no Morrazo, traballou como redactora e maquetadora en diferentes xornais. Actualmente dedícase á docencia na escola pública galega. Empezou a escribir contos para introducilos nas súas clases. Moitos deles están inspirados nas experiencias e anécdotas que vive a diario na escola. É autora do libro infantil As formiguiñas filandeiras, tamén dispoñible en castelán e catalán e publicado por Hércules de Ediciones.
Descarga a ficha de “Un secreto entre las nubes”: Ficha "Un secreto"
Descarga a ficha de “Un segredo entre as nubes”: Ficha "Un segredo"
Descarga a ficha de “Un secret entre els núvols”: Ficha "Un secret"