A Coruña. Nostalgia e Ilusión

Neste libro, o fotoxornalista Xosé Castro inmortaliza, a través de 750 imaxes, a transformación experimentada pola cidade da Coruña durante a etapa democrática.

94,60 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Mediante instantáneas contrapostas do pasado e do presente, a obra mostra que a cidade é un elemento dinámico e en continuo movemento, que viviu un cambio espectacular nos últimos anos. A obra, de máis de 600 páxinas, foi cualificada no prólogo polo propio Carlos Negreira como un “arquivo dun valor histórico innegable para a cidade”.  O libro realizouse como unha homenaxe aos coruñeses e coruñesas, así como aos alcaldes da etapa democrática que colaboraron no desenvolvemento da nosa cidade e como un intento de descubrirlles aos coruñeses A Coruña de onte e de hoxe, A Coruña nas lembranzas e no presente, e, sobre todo, A Coruña nostálxica pero cunha ollada ilusionante cara ao futuro.

A través do arquivo fotográfico de Xosé Castro retratouse como era e como é cada recuncho da urbe: da Ponte Pasaxe á Torre de Hércules pasando polo Cantón Grande e Méndez Núñez, a Dársena e as galerías da Marina, Monte Alto, o Paseo Marítimo, Cidade Xardín, Labañou e O Portiño, San Roque de Afora, o Monte de San Pedro, Os Rosais, Visma, o Parque de Bens, As Conchiñas, o Ventorrillo, o Parque de Santa Margarida, O Birloque, Mesoiro, Elviña, A Zapateira, Matogrande, Monelos, o Parque de Oza, Catro Camiños, Alfonso Molina, As Xubias, Os Castros e San Diego, o Parque Europa, o porto interior e o exterior, Alvedro… sen esquecer edificios e corralóns xa desaparecidos que han de evocar as lembranzas dos lectores de máis idade.

Para o autor, un dos estandartes da transformación que viviu a cidade é o proceso de apertura ao mar. Tamén salienta o ámbito da Torre de Hércules e o seu patrimonio escultórico e os xestos que se fixeron a través do tempo para humanizala con parques e zonas de esparexemento. Xosé Castro agarda que este libro sirva para concienciar aos coruñeses do esforzo que se realizou e se realiza día tras día para coidar a cidade.

Peso 4 kg
ISBN

978-84-92715-39-8

Páxinas:

640

Tamaño:

28 x 24 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Tapa dura

Fotografías:

750

Ano de publicación

2011

Autoría

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A Coruña. Nostalgia e Ilusión”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio