A miña cadeliña

Unha historia na que o avó Manu, Antía e Pinta nos ensinan a amar a natureza e a defendela con todas as nosas forzas.

15,00 

Categoría: Etiqueta:

A miña cadeliña

Cando Antía cumpriu 7 anos, o seu avó Manu regaloulle unha cadeliña preciosa á que a meniña decidiu poñerlle o nome de Pinta.

Vivían moi felices xuntas, paseaban co avó Manu polo monte, rían e enredaban sen ningunha preocupación… ata que un día as cousas se complicaron e un incendio arrasou a aldea na que vivían. É nese momento, cando Antía e Pinta demostran o valentes que son e tamén o moito que se queren.

Unha historia na que o avó Manu, Antía e Pinta nos ensinan a amar a natureza e a defendela con todas as nosas forzas.

Autor: Francisco Rodríguez Iglesias

Nacín nunha pequena aldea de Galicia no seo dunha familia moi modesta. A miña gran sorte foi ter dous pais marabillosos que se repartían moi ben o coidado e a educación dos seus dous fillos. Os meus primeiros recordos do meu pai sitúoos na cociña, cando despois de cear me ensinaba as letras e os números, e facíao tan ben que eu estaba desexando finalizar a cea para aprender cousas novas. Cando comecei na escola, ao ver o que xa levaba aprendido e as miñas ganas de saber máis, os meus mestres creron que debía estudar, e apareceu na mi.a vida dona Luz, profesora e directora da Academia Muinelo, que me ofreceu facer o bacharelato sen percibir nada a cambio.

Máis adiante, cumprido o servizo militar —onde traballei na librería do campamento—, a miña intención era a de estudar Xornalismo, pero empecei a traballar no mundo editorial, onde alcancei postos de importante responsabilidade, polo que máis tarde decidín crear a miña propia editorial.

Grazas á miña filla Laura, Hércules segue producíndome satisfaccións enormes: seguimos vivos no mundo da cultura.

Ilustradora: Estefanía Padullés

Nacín nun pequeno pobo dos Pireneos. Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Tras viaxar por distintos países para completar os meus estudos con animais, trasladeime a Almería para traballar nun Centro de Recuperación de Fauna Mariña. Posteriormente fun Responsable do departamento de Educación e axudante do departamento de Conservación nun Zoolóxico onde realizaba o deseño e a ilustración de campañas para a protección de especies ameazadas así como o material educativo (libros ilustrados, carteis, pósters). Á parte do meu traballo como bióloga, nunca deixei de pintar ou debuxar. Cando tiven a ocasión expuxen cadros e participei nalgún libro de relatos curtos.

Nos últimos anos, desde que vivo en Galicia, realicei varios contos ilustrados, O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, A manchas ou a raias?, Leopoldo, o pequeno monstro, Que mal día, gato Klops! e María Pita. O valor ducha heroína son os publicados por Hércules de Ediciones

Descarga a ficha técnica de “Mi perrita Pinta”:

Descarga a ficha técnica de “A miña cadeliña”:

Peso 0,3 kg
Autoría

Ilustrador/a

Estefanía Padullés

ISBN

978-84-19754-00-4 (castellano) y 978-84-19754-01-1 (gallego)

Páxinas:

72

Tamaño:

14 x 21 cm.

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Tapa dura

Idade recomendada:

8-11 anos

Ano de publicación

2023

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio