De corazón galaico

Unha historia misteriosa que une Francia e Galicia, un itinerario cara a unha terra máxica onde furnas ao pé da Torre de Hércules e montañas sacras son aínda o punto de encontro entre o mundo do visible e do invisible na penumbra da noite de San Juan.

18,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría: Etiqueta:

Xabier, un estudante de Dereito en París, está a piques de terminar o seu ano Erasmus e enfróntase  á decisión de quedar en Francia ou volver á Coruña, a súa cidade natal.

Nesta encrucillada, coñece a Artaï, un profesor universitario de Dereito celta, unha materia máis mítica que real e na que só el cre.

Artaï proponlle a Xabier a procura dun libro lendario, o Ciprianillo; un grimorio de existencia cuestionable, cuxo descubrimento esperta cobizas e paixóns.

Estes son os vértices de De corazón galaico, unha historia misteriosa que une Francia e Galicia, un itinerario cara a unha terra máxica onde furnas ao pé da Torre de Hércules e montañas sacras son aínda o punto de encontro entre o mundo do visible e do invisible na penumbra da noite de San Xoán.

Autor: Jacobo Ríos

Jacobo Ríos Rodríguez naceu en Santiago de Compostela e creceu na Coruña a beiras do océano. Inquieto, viaxeiro e aventureiro, aos 20 anos foise a Francia, onde quedou a vivir. Tras unha bolsa da Fundación Barrié, doutorouse en Dereito pola Sorbona e pola Universidade da Coruña, converteuse en profesor titular de Dereito Internacional e, con 39 anos, no decano máis novo da Facultade de Dereito de Perpiñán, pero sempre volvendo ás súas orixes en terras galaicas. É o único español e galego profesor de Dereito nunha universidade francesa. Internacionalista, gústalle tender pontes entre países e mundos diversos. Autor de numerosos libros e artigos xurídicos, De corazón galaico é a súa primeira novela.

Descargar a ficha técnica de “De corazón galaico”:

Peso 0,8 kg
ISBN

978-84-19754-11-0

Autoría

Páxinas:

176

Tamaño:

14 x 21 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación

2023

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “De corazón galaico”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio