Ramiro Fonte consegue trasladar un espazo e un tempo moi concretos e tanxibles ata o lugar que habita o eterno: a Galicia dunha pequena vila mariñeira, o Pontedeume dos anos sesenta, no momento en que ese microcosmos rural vai deixando de selo, no momento no que a súa infancia vaise diluíndo no territorio da adolescencia. Un rito de paso, local e persoal, convertido en universal baixo a súa pluma, dunha maneira tan poética, melancolicamente luminosa, positiva e profunda como só é capaz de lograr quen, ademais dun talento preclaro, porta nas súas mans o propio corazón.
En Mis ojos, Ramiro Fonte rememora o mundo cotián do neno que nunca deixou de ser e expándeo —o seu núcleo familiar tan amado, a súa casa, os xogos de bólas, o río Eume, as rúas e o tanxer das campás, a luz da ría, os veciños e amigos…— ata elevalo ao nivel atemporal da alta literatura. Pinta, para a posteridade, un cadro perfecto e cheo de optimismo dunha realidade que se puido desvanecer no tempo, pero que, grazas á súa escritura, xa nunca deixará a nosa memoria. Esta novela, primeira entrega da súa gran triloxía, supuxo a consagración de Ramiro Fonte —excelso poeta— como destacado prosista.
Autor: Ramiro Fonte
Ramiro Fonte (Pontedeume, A Coruña, 1957-Barcelona, 2008) foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura gallega. Era membro da Real Academia Galega.
En Santiago, cidade na que obtuvo a licenciatura en Filosofía e Letras, participou na fundación do grupo poético Cravo Fondo (1977) e das revistas Bonaval e Dorna. En 1983 publicou o seu primeiro libro de poesías, As cidades de nada, ao que seguiron Designium; Pensar na tempestade, premio da Crítica de Galicia e premio Losada Diéguez; Pasa un segredo, premio da Asociación de la Crítica Española; Adeus norte, premio Esquío; Luz do mediodía, premio da Crítica Española e finalista ao Premio Nacional de Literatura; O cazador de libros; Mínima moralidade, premio González Garcés; Capitán inverno, finalista do Premio Nacional de Literatura; A rocha dos proscritos; Reversos e Xardín do pasatempo. As súas poesías foron traducidas ao catalán, ao francés, ao inglés, ao italiano e ao ruso.
Como ensaísta publicou As bandeiras do corsario. Como narrador deuse a coñecer co libro Catro novelas sentimentais, ao que seguiron As regras do xogo, Aves de paso; a novela Os leopardos da lúa; o relato Soños eternos, e as novelas Os meus ollos, premio Losada Diéguez; Os ollos da ponte e As pontes no ceo.
Foi profesor de Lingua e Literaturas Galegas en Vigo e, entre 1998 y 2001, no Colexio Español de Londres. Desde 2005 dirixiu o Instituto Cervantes de Lisboa, cargo que ocupou ata a súa morte.
Tradutor: José Fonte Sardina
Ilustrador: Antonio Seijas
Autor do prólogo: César Antonio Molina
Descargar a ficha de “Mis ojos”: Ficha "Mis ojos"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.