Muxos
Un cativo orfo de pai co don da curiosidade e de interpretar a natureza. Unha muller que anda, le, escoita e escribe para sobrelevar os envites da vida. Un pintor que plasma o mar e ama desde a soidade dun faro.
Muxos recrea unha escrita que consola, pola súa sensibilidade por esas persoas que están entre nós e non somos quen de ver.
Autor: Héctor Pose Porto
Héctor Pose (Malpica, 1964), é profesor universitario e escritor. Ten publicado diversos libros de ensaio arredor dos múltiples patrimonios e outras tantas maneiras de lelos.
A súa biografía literaria sobre un recoñecido exfutbolista, Donato (Damajuana ediciones, 2016), o diario Doce lúas (Axóuxere, 2015), a novela Mar de invernía (Phottic, 2016), a novela en forma de diario Arponera Café (Nazarí, 2018), o libro-obxecto de fotografías con Enrique Lista, Un lugar. Dúas miradas inadecuadas (Autoedición, 2018), a novela Escribirme (Dopeirao, 2019) e o libro-obxecto Lascas (Estraperlo, 2020) co artista plástico Héctor Francesch van conformando unha ben interesante traxectoria creativa.
Descargar ficha técnica: Ficha "Muxos"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.