Sidi, unha viaxe cara á vida

Desde un remoto lugar situado entre dous mundos, Sidi —rapaz espelido e soñador— emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor.

11,90 

Categoría: Etiqueta:

Desde un remoto lugar situado entre dous mundos, Sidi —rapaz espelido e soñador— emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor.

Autor: Lino Braxe

Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, do Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén foi actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galiza. Dirixiu, ata o seu pasamento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Tamén foi locutor de RNE durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.

Foi autor de varias obras de poesía, narrativa, teatro e de literatura infanto-xuvenil, ademais de participar en numerosas obras colectivas.

Este libro é unha mostra da súa xenerosidade e da súa implicación no traballo da ONG Tierra de hombres, coa que colaborou desde o principio.

Descargar ficha:

Peso 0,3 kg
ISBN

978-84-18966-29-3 (castellano) y 978-84-18966-30-9 (gallego)

Páxinas:

32

Tamaño:

14 x 21 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Tapa dura

Autoría

Ilustrador/a

María Braxe

Ano de publicación

2022

Idade recomendada:

8-11 anos

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio