O novo libro de Estefanía Padullés!
Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio.
Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión… E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?
Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.
Autora: Estefanía Padullés
Nacín nun pequeno pobo dos Pireneos. Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Tras viaxar por distintos países para completar os meus estudos con animais, trasladeime a Almería para traballar nun Centro de Recuperación de Fauna Mariña. Posteriormente fun Responsable do departamento de Educación e axudante do departamento de Conservación nun Zoolóxico onde realizaba o deseño e a ilustración de campañas para a protección de especies ameazadas así como o material educativo (libros ilustrados, carteis, pósters).
Á parte do meu traballo como bióloga, nunca deixei de pintar ou debuxar. Cando tiven a ocasión expuxen cadros e participei nalgún libro de relatos curtos.
Nos últimos anos, desde que vivo en Galicia, realicei varios contos ilustrados, O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea e A manchas ou a raias? son os publicados por Hércules de Ediciones.
Descargar ficha: Ficha "Leopoldo" galego