Eu estaba alí

Unha crónica implacábel dos principais feitos que se produciron na Galiza no último medio século, escrita por quen estivo presente e os viviu ou sufriu de preto. Unha voz apaixonada e, ao mesmo tempo, ética e lúcida que relata en primeira persoa a epopea dun pobo que vai tomando conciencia de seu.

 

19,90 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: ,

Unha crónica implacábel dos principais feitos que se produciron na Galiza no último medio século, escrita por quen estivo presente e os viviu ou sufriu de preto. Unha voz apaixonada e, ao mesmo tempo, ética e lúcida que relata en primeira persoa a epopea dun pobo que vai tomando conciencia de seu.

Unha narrativa que entronca coa literatura máis en voga hoxe.

Unha homenaxe aos seus protagonistas, ás máis das veces anónimos, sen os cales é imposíbel entender a nosa actualidade.

Uns sucesos contados con detalle e contextualizados para completar a nosa historia.

Os  pequenos feitos, moitas veces descoñecidos pola maioría, toman grande dimensión nuns “episodios nacionais” que van pasando ante o lector coma unha película na que, moitas veces, se sentirá protagonista.

Un libro que explica o cando e o porqué da última ruptura do BNG, o defenestramento de Cuíña Crespo por Fraga Iribarne ou de Carlos Mella por Barreiro Rivas; logo de repasar desde ao asasinato do Piloto, o último guerrilleiro, ás mortes de Amador e Daniel ou de Moncho Reboiras. Pero tamén están presentes as grande vitorias do nacionalismo: As Encrobas, Baldaio, Xove, A Cota Empresarial,

O Xurelo… O Estatuto de Autonomía, o primeiro día do Parlamento…

E tamén o nacemento do BNG, de Nunca Máis, o Primeiro Congreso de Escritores… Ou Episodios como o intento de secuestro de Gómez Franqueira, a disolución do Partido Galeguista, a folga de Galvisa, o ataque da Policía Militar a unha manifestación n’A Coruña ou cando tentan prohibir a manifestación do Día Patria Galega.

Un libro para non perder a memoria.

ISBN

978-84-92715-84-8

Páxinas:

256

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica

Fotografías:

40

Ano de publicación

2014

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Eu estaba alí”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio