+34 981 220 585 :: info@herculesediciones.es

Picasso Azul y Blanco

49.50

Pablo Ruiz, Picasso, comezou a forxar o seu talento na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, onde exercía o seu pai e onde el mesmo tivo como profesores Isidoro Brocos ou Román Navarro. Entre 1891 e 1895, anos nos que percorreu a rúa Real, o Parque de Santa Margarida, a Praza de Pontevedra…, o artista foi consolidando o seu espírito provocador dende esta cidade atlántica. Este detallado estudo insire o personaxe na convulsa época que lle tocou vivir e desempoa gran número de documentos inéditos dos seus anos galegos.

Dispoñible

Category:

«Aos doce anos eu debuxaba como Rafael», sentenciou Picasso en 1946. Ese xenio precoz explotou na Coruña, a cidade na que recoñeceu que se espertaron os seus sentidos. É en Galicia onde inicia os seus estudos académicos, e o lugar no que pinta as súas primeiras obras mestras, como La rapaza dos pés descalzos ou Retrato de Ramón Pérez Costales. O propio Picasso reivindicaba a importancia do seu período coruñés, que en ocasións chegou a valorar por enriba das súas etapas azul e rosa. En 1891 chegou á Coruña un neno procedente de Málaga, e en abril de 1895 marchou un artista adolescente de 13 anos aclamado pola crítica, que o comparou con Giotto e lle prognosticou, de forma profética, «días de gloria e un porvir brillante».
Non só soaron as campás do triunfo: tamén tañeron pola morte da súa irmá Conchita, un feito que marcou o resto da súa vida no persoal e no artístico. Cando a nena enfermou, pactou con Deus: «Se salvas a Conchita, deixo» de «pintar». Pero a nena faleceu, e Pablo converteuse en artista por decisión divina. Neste traballo detállase este episodio, que o motivou a crear un dos seus cadros máis simbólicos. Picasso Azul e Branco.
Este libro deixa tamén patente como a pegada da súa estanza galega se sente na obra posterior do andaluz, e podería mesmo alcanzar a unha das súas pezas máis renomeadas, Guernica. As súas 488 páxinas acollen esta e outras revelacións sorprendentes, así como multitude de datos e documentos inéditos sobre unha etapa fundamental, aínda que pouco explorada, na carreira do artista máis popular e influente do século XX.

Descargar ficha técnica: 

ISBN:

Páxinas:

Tamaño:
Idioma:

Encadernación:

Fotografías:

Ano de publicación:

Autor/a:

You may also like…