Max e Lea
Max e Lea é o novo libro de Estefanía Padullés. Max é un Tyrannosaurus rex; un dinosauro moi grande, moi forte, e cunha morea de cairos, así que ninguén se atreve a meterse con el.
Pero polas noites cambia o conto… xa que Max ten moito medo á escuridade.
Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosauros que coñece… pero parece que ninguén pode solucionar o seu problema.
Cando Max xa está a punto de renderse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.
Poderá axudarlle Lea?
Logrará Max vencer á fin o seu medo á noite?
Descargar ficha técnica:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.