+34 981 220 585 :: [email protected]

“Mis años con Fraga. El gobierno desde la cocina”

Dositeo Rodríguez Rodríguez

19.90

Dositeo Rodríguez é unha dás figuras decisivas na política galega dás últimas décadas; un político discreto, pero fundamental nos gobernos de Fraga. Aínda que abandonou a política activa en 2006, non foi ata estes últimos anos cando sentiu a necesidade de narrar os feitos tal e como el os viviu. Ninguén podía imaxinar, cando entregou o manuscrito deste libro no mes de xaneiro de 2020, que nos ía a deixar tres meses despois, e menos que sería por causa dun virus ao que aínda case non coñeciamos. Por iso, un ano e medio despois, este libro ten aínda máis relevancia, porque se trata do último testemuño do seu autor e porque se publica tal e como el o deixou.

Dispoñible

Categories: ,

O seu obxectivo con esta obra era facer visibles algúns aspectos pouco coñecidos ou mal explicados do goberno de Fraga en Galicia, coa crenza de que este coñecemento permitirá entender mellor uns anos que, ao seu xuízo, foron claves para o desenvolvemento de Galicia. En definitiva, trátase de contar o “Goberno” desde a propia cociña. Dositeo Rodríguez comparte nestas páxinas co lector a súa visión persoal sobre os feitos nos que participou; primeiro, durante máis de dez anos como “cociñeiro”, e despois, no últimos seis, como mero observador.

Con sinceridade, pero con moito respecto pola figura do seu Presidente, neste libro Dositeo Rodríguez relátanos os seus recordos e opinións, a súa visión como político, pero tamén a súa visión como cidadán, todo iso aderezado con non poucos “segredos de Estado” da nosa historia máis recente.

«Gocen da escritura e o exemplo dun home bo e comprometido. Tristemente o coronavirus levouno antes de tempo, pero nunca nos arrebatará o seu recordo nin o seu exemplo».

Alberto Núñez Feijóo

Descargar ficha:

Autor/a:

ISBN:

Tamaño:

Idioma:

Páxinas:

Encadernación:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…