Paco del Riego. Un home irrepetible
Percorrido por un anaco da Historia de Galicia entre 1913 e 2010 seguindo as aventuras literarias, políticas e lúdicas de Paco del Riego, homenaxeado co Ano e Día das Letras Galegas 2023.
Detállanse os soños dun home íntegro que, coa formación e erudición dos grandes mestres, coa voz clara e convincente, coa simpatía e mirada pícara, conseguiu transmitirlle confianza á mocidade que o rodeaba para levala cara ao seu obxectivo principal: defender Galicia desde calquera ámbito da sociedade e facelo unindo diferentes sensibilidades e xeracións.
En agradecemento á consideración que sempre tivo Paco del Riego por Hércules de Ediciones, acollemos esta biografía no noso catálogo. Queremos así salientar a súa sensibilidade por proxectos que levasen Galicia polo mundo, como foi o noso Proxecto Galicia, do que dixo que era “unha grande achega para a Historia da cultura galega contemporánea”.
Autora: Blanca-Ana Roig Rechou
É, na actualidade, profesora-investigadora “Ad honorem” da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigadora do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades por convenio entre as universidades galegas e a Xunta de Galicia no que segue a traballar nos proxectos “Informes de Literatura” e “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil”, dos que foi directora até a súa xubilación. Investigadora do Instituto de Ciencias da Educación e do Grupo de Investigación Liter21 da USC. Directora-Coordinadora da Rede Temática de investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI). Directora de Elos. Revista de Literatura Infantil e Juvenil https://revistas.usc.gal. Ten publicado monografías e artigos sobre LIX, educación literaria e Literatura galega en xeral. Polo seu traballo foi galardoada con varios premios.
Descarga a ficha técnica de “Paco del Riego. Un home irrepetible”: Ficha "Paco del Riego"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.