Estrelas galegas da ciencia

Estrelas galegas da ciencia é un libro ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que explica a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos.

14,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Estrelas galegas da ciencia

Estrelas galegas da ciencia é un libro ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que explica a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. Cando se crearon as universidades e centros galegos de investigación? Quen foron aqueles científicos e científicas, inventores e inventoras máis sobresaíntes ao longo da historia? Cales foron os achados máis fascinantes? Nesta historia da ciencia responderanse estas preguntas e moitas outras. Un libro necesario e sorprendente, para un público sempre curioso e con vontade de aprender o que non se atopa nos libros de texto.

Autores:

Maite Vence Fernández é Licenciada en Economía pola Universidade de Santiago e adícase dende hai anos á divulgación e ao turismo científico. É a fundadora da empresa Observer (observersciencetourism.com), o primeiro sistema de certificación que pon en valor destinos turísticos vinculados á ciencia. Ten traballado como editora e escritora de guías de viaxe especializadas e escrito numerosos artigos sobre turismo científico en medios de comunicación como Gciencia ou Quo. Como economista ten desenvolvido proxectos de internacionalización en países como Italia, Brasil, Cabo Verde ou Angola.

Manuel Vicente. É un comunicador de ciencia que se autodefine como “radioactivo”. Desde 2006 dirixe o programa de divulgación científica Efervesciencia da Radio Galega. Tamén presenta programas de ciencia na TVG, como os Aquelando. É creador do espectáculo “Elemental”. Foi gañador dun premio Prisma dos Museos Científicos Coruñeses e do premio de xornalismo científico da Real Academia Galega de Ciencias. É presidente da Asociación Galega de Comunicación Científica e Tecnolóxica e membro da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Manuel Vicente é doutor en química e máster en Comunicación Científica.

Andrea Burés Muñiz. Graduada en bioloxía e especializada en conservación da biodiversidade, actualmente dedícase á protección do medio natural. Esta obra é un dos seus primeiros proxectos de divulgación científica, onde destaca o recoñecemento ás mulleres na ciencia, que días tras día continúan loitando pola equidade neste sector.

Ilustradora:

Clara Cerviño. Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, tras varios anos de formación en ciencias do mar, atopou a posibilidade de combinar as súas dúas grandes paixóns e traballar como ilustradora científica e non o pensou dúas veces. O seu amor por Galicia levouna a ilustrar varios proxectos que dan a coñecer a incrible fauna e flora da nosa terra. Nesta ocasión tivo a oportunidade de dar vida as propias investigadoras e investigadores que tanto contribuíron á historia de Galicia e do mundo a través dunhas ilustracións cheas de detalles referentes aos seus achados.

 

Descarga a ficha técnica de “Estrelas galegas da ciencia”:

Dimensións 21 × 14 cm
Autoría
ISBN

978-84-19754-07-3

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica

Tamaño:

15 x 24 cm

Páxinas:

96

Ano de publicación

2023

Idade recomendada:

11-16 anos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Estrelas galegas da ciencia”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio