Con este volume queremos achegar a figura de Ricardo Carballo Calero a quen sinta curiosidade por este persoeiro que, en palabras da súa filla Mª Victoria Carballo-Calero Ramos, “consagrou toda a súa vida a Galicia e á cultura galega”.
O lector encontrará neste exemplar unha breve biografía e unha cronobiografía, unha escolma de textos acompañada dunha guía de lectura que axuden á súa mellor comprensión, un “Paso a palabra” e o xogo-escapada “A caixa de Don Ricardo”, que nos levará a percorrer Ferrol descifrando enigmas ata conseguirmos abrir esa misteriosa caixa.
Autoría:
Charo Baleirón Sóñora
Marta Domínguez Tenreiro
Belén Rodríguez Suárez
Descargar ficha:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.