Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 3):

Do afán por trocar a «magna obra» en «opera aperta» para todos naceu esta Escolma- mostrario enciclopédico, que agora chega ao seu terceiro volume. Guindamos aquí a nosa xógara ao mar do tempo cara horizontes máis propicios para democratizar entre a cidadanía actual o patrimonio intelectual e verbal da que chamamos «Áurea e Magna Época Nós» (1916-1980), que eles elaboraron con moitísimos menos medios dos que nós dispoñemos. Educadores de luxo. Clásicos cuxo exemplo precisamos manter vivo como sexa. Para nos lembrar de quen somos. Para nos ilustrar de onde vimos. E para nos empurrar cara onde debemos endereitar con tino os nosos pasos na Historia. Para lograrmos ser libre e plenamente quen somos. Sinxelamente, persoas nadas dun Pobo posuidor dunha Tradición orixinal, vasta e complexa, que os nosianos souberon descubrir ao seu xeito e revelárnola como cosmovisión complexa, expresada no antigo e marabilloso idioma de noso. Persoas dun Pobo inscritas nunha sociedade democrática, plural, diversa e multilingüe cuxas minorías máis responsábeis en cada época deron o mellor de si, coa explícita pretensión de converternos nunha sociedade máis culta, máis libre, máis xusta, máis solidaria, tamén neste século XXI.

 

29,95 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: ,

Do afán por trocar a «magna obra» en «opera aperta» para todos naceu esta Escolma- mostrario enciclopédico, que agora chega ao seu terceiro volume. Guindamos aquí a nosa xógara ao mar do tempo cara horizontes máis propicios para democratizar entre a cidadanía actual o patrimonio intelectual e verbal da que chamamos «Áurea e Magna Época Nós» (1916-1980), que eles elaboraron con moitísimos menos medios dos que nós dispoñemos.

Educadores de luxo. Clásicos cuxo exemplo precisamos manter vivo como sexa. Para nos lembrar de quen somos. Para nos ilustrar de onde vimos. E para nos empurrar cara onde debemos endereitar con tino os nosos pasos na Historia. Para lograrmos ser libre e plenamente quen somos. Sinxelamente, persoas nadas dun Pobo posuidor dunha Tradición orixinal, vasta e complexa, que os nosianos souberon descubrir ao seu xeito e revelárnola como cosmovisión complexa, expresada no antigo e marabilloso idioma de noso. Persoas dun Pobo inscritas nunha sociedade democrática, plural, diversa e multilingüe cuxas minorías máis responsábeis en cada época deron o mellor de si, coa explícita pretensión de converternos nunha sociedade máis culta, máis libre, máis xusta, máis solidaria, tamén neste século XXI.

Camilo F. Valdehorras

Estudou Filoloxía Hispánica e Dereito na Universidade de Santiago (1976-1980). É licenciado en Filoloxías galaicoportuguesa pola Universitat de Barcelona (1985), Diplomado Superior en Lingua e Cultura Portuguesas pola Universidade de Lisboa (1988) e Doutor en Filoloxía Románica pola Universitat de Barcelona coa tese titulada Magnum Theatrum Gallaeciae ou O Grande Teatro do Mundo galego de Ramón Otero Pedrayo. Poética, dramaturxia e hermenéutica sobre a literatura de ficción do autor (2987 páxinas, calificada con Excelente cum laude por unanimidade, inédita, ano 2000).

Dende 1986 ata a actualidade traballa como profesor-investigador de Filoloxías galega e portuguesa na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona, na que é membro do Departament de Llengues i Literatures Modernes i d’Estudis Anglesos e do seu Claustre de Doctors. E dende 2005 é investigador do “Grup de Recerca Consolidat LAIREM” (Literatura, Art i Representació en la Edat Mitjana) da Generalitat de Catalunya.

Nas súas funcións como filólogo profesional especializouse como lexicógrafo, enciclopedista cultural e investigador literario.

Descargar ficha:

CRÉDITOS NÓS 1 - Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 3):

Peso 1 kg
Dimensións 24 × 17 × 5 cm
Autoría

Tamaño:

17 x 24 cm

Idioma:
Ano de publicación

2020

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 3):”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio