Filippa & compañía. Piano á fuga

Filippa e os seus amigos atopan un piano no patio da súa casa. O gato Durmiñón múdase para vivir alí e o asno Antero úsao como café quiosco; pero a Filippa gustaríalle, simplemente, tocalo. Entrementres, un pianista perdeu o seu piano e o director de orquestra, un calcetín.

A fuga do piano orixina unha boa lea.

 

15,00 

Categoría: Etiqueta:

Filippa e os seus amigos atopan un piano no patio da súa casa. O gato Durmiñón múdase para vivir alí e o asno Antero úsao como café quiosco; pero a Filippa gustaríalle, simplemente, tocalo. Entrementres, un pianista perdeu o seu piano e o director de orquestra, un calcetín.

A fuga do piano orixina unha boa lea.

Autor: Juha Virta

Juha Virta estudou historia, inglés e ciencias sociais. Actualmente é profesor de secundaria en Espoo. Ademais do seu traballo diúrno, Juha Virta traballou na música. Escribiu letras para a banda Déclassé, grupo en cuxa creación participou en 2005 e do que é cantante.

Ilustradora: Marika Maijala

É unha das ilustradoras contemporáneas finlandesas máis famosas. Marika Maijala ilustrou libros infantís para todas as editoriais principais en Finlandia e libros coas súas ilustracións foron publicados tamén en Xapón, Alemaña, Francia, China, Estonia, Suecia, Dinamarca, India e Abu  Dabi. Foi galardoada co premio Rudolf Koivu á mellor ilustración finlandesa de libros infantís en 2009 e foi nomeada para o premio Finlandia Junior en 2008 e 2012. En 2015 e 2016 as súas ilustracións foron preseleccionadas nos premios  World  Illustration  Awards da  AOI, así como en  The White Ravens List en 2015 e 2016. En 2017 recibiu unha bolsa de 3 anos para traballos artísticos polo Arts  Promotion Centre de Finlandia e tamén foi nomeada ao premio ALMA.

Descargar ficha técnica: 
Peso 0,5 kg
Autoría

Ilustrador/a

Marika Maijala

ISBN

978-84-949176-7-7 (castellano) 978-84-949176-8-4 (gallego)

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Tapa dura

Tamaño:

26 x 21 cm

Páxinas:

40

Ano de publicación

2019

Traductor/a:

Luisa Gutiérrez Ruiz (castellano) y Anu Pitkanen (gallego)

Idade recomendada:

5-8 anos

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio