Galicia siempre

Este magnífico volume é o resultado da peregrinaxe fotográfica de Antón Rodicio por toda Galicia –pola Galicia natural e rural, pola Galicia dos grandes núcleos de poboación, pola Galicia das grandes paisaxes da costa e do interior e pola Galicia dos monumentos e vestixios históricos afastados das grandes vías de comunicación–, en busca das imaxes máis belas, máis rechamantes, máis espectaculares, máis sublimes que fose posible atopar.

82,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría: Etiqueta:

Este magnífico volume é o resultado da peregrinaxe fotográfica de Antón Rodicio por toda Galicia –pola Galicia natural e rural, pola Galicia dos grandes núcleos de poboación, pola Galicia das grandes paisaxes da costa e do interior e pola Galicia dos monumentos e vestixios históricos afastados das grandes vías de comunicación–, en busca das imaxes máis belas, máis rechamantes, máis espectaculares, máis sublimes que fose posible atopar.

O libro está organizado en nove capítulos. Os oito primeiros corresponden a grandes zonas de Galicia, e o último agrupa outros lugares dispersos entre si, pero moi significativos:

  1. Valdeorras e o Ourense oriental
  2. Courel
  3. Os Ancares
  4. A Praia das Catedrais
  5. A Galicia meridional
  6. A Rías Baixas
  7. A Rías Altas
  8. A Ribeira Sacra
  9. Lugares significativos da Galicia interior

En cada capítulo, ademais das imaxes, hai textos, de contido moi diverso. Hai nel pinceladas sobre a historia dos monumentos e lugares representados nas imaxes, hai noticias sobre sucesos que neses lugares ocorreron, hai notas sobre a vida de personaxes relevantes con eles relacionados, e hai información sobre os sitios desde onde están tomadas as fotos e a forma de chegar ata eles.

Para facer realidade este soño foi necesario percorrer non menos de vinte e cinco mil quilómetros, en sesenta e cinco saídas fotográficas por toda Galicia. Foron necesarias camiñadas de vinte quilómetros e máis por Ancares e O Courel, comarcas onde os lugares interesantes quedan case sempre moi lonxe do asfalto. Foi necesario asomarse a máis dun arrepiante precipicio… Pero ningún esforzo é moito cando do que se trata é de mostrar ao mundo a sublime beleza desta terra. Non se ama o que non se coñece, e con este libro queremos darlle a quen se achegue a estas imaxes máis e máis razóns para amar esta parte do mundo chamada Galicia.

Autor: Antón Rodicio

Naceu en Cerreda (Ribeira Sacra, Ourense) no ano 1960.

Ademais de fotógrafo, é escritor e matemático (catedrático de álxebra na Universidade de Santiago de Compostela). Empezou sendo só matemático, pero chegou un momento en que o abstracto mundo das matemáticas xa non lle foi suficiente e sentiu a necesidade de descender ao concreto e de achegarse ao mundo da alma.

As súas primeiras publicacións non matemáticas foron artigos relacionados coa historia antiga e medieval de Galicia e coa interpretación psicolóxica de certas lendas do folclore tradicional.

É autor dos poemarios Las ruinas de la búsqueda e De los días de la oculta alquimia, publicados en 2016 e 2017, respectivamente.

Na vertente fotográfica e artística, é o autor das fotografías dos dous grandes libros sobre a Ribeira Sacra que Hércules de Ediciones publicou en decembro de 2015. Así mesmo, na primavera de 2016 realizou a exposición titulada “Luces e silencios da Compostela mística” (Palacio de Fonseca, Santiago de Compostela) na que se expuxeron corenta e seis imaxes e dez poemas relacionados co centro histórico da urbe compostelá.

Na actualidade colabora tamén na Radio Galega, encargándose da sección “Galicia Paraíso” do programa “Galicia por Diante Fin de semana”.

Descargar ficha:

Peso 3 kg
Dimensións 22 × 30 cm
Autoría

ISBN

978-84-120336-4-9

Idioma:

Castelán

Tamaño:

22 x 30 cm

Páxinas:

392

Encadernación:

Tapa dura con sobrecuberta

Ano de publicación

2019

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Galicia siempre”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio