Incendios forestales. Reflexiones desde Galicia

Nove capítulos, nove reflexiones expertas, estimuladas polas emocións deste desgraciado ano 2017, redactadas baixo a urxencia do momento, pero tamén temperadas e contrastadas polas moitas experiencias a que deron lugar todos os lumes que foron arrasando Galicia nesta última e longa etapa incendiaria da súa historia.

28,50 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

Coordinador: Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Autores: Xosé Luís Barreiro Rivas, Francisco Castro Rego, Maria Conceição Colaço, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Tomás Fernández-Couto Juanas, Cristina Fernández Filgueira, María Teresa Fontúrbel Lliteras, Álvaro García Ortiz, Manuel Ángel Gil Canabal, Edelmiro López Iglesias, Pablo Ángel Meira Cartea, Miguel Pardellas Santiago, Juan Picos Martín, Eduardo Rico Boquete, José Antonio Vega

Nos últimos anos comezan a escoitarse voces, e en 2017 dunha forma especial, que nos falan de que se está apreciando unha tendencia nos incendios forestais cara a situacións cada vez máis graves e incontrolables. Cítase ao cambio climático, a un urbanismo desarticulado crecente, á falta de medidas de prevención…

A estas e a outras cuestións trata de achegar respostas este libro, que se abre cunha descrición histórica do uso (e abuso) do lume en Galicia ata a situación que vivimos na actualidade, que se inicia coa desarticulación do sistema  agro forestal ao redor dos anos sesenta do pasado século. A esta problemática socioeconómica dedícanselle os dous capítulos seguintes. A continuación, trátanse as alternativas que tentan afrontar o futuro e as medidas de loita e prevención, así como os danos a bens e persoas. Os dous últimos capítulos refírense á educación e á responsabilidade social dos galegos, aspectos singulares e decisivos na loita contra o lume.

Este libro escribiuse baixo a impresión das imaxes aínda vivas dunhas chamas que camiñaban cunha velocidade inusitada desde a fronteira portuguesa ata Terra de Montes, da cinza que voaba e prendía en espazos inéditos da cidade de Vigo ou duns lumes que con demoledora persistencia arrasaban os cumes das serras ourensás. Pero tamén coa responsabilidade dos moitos anos que a maioría dos autores deste libro levan ocupándose do problema dos incendios forestais en Galicia. Son diferentes miradas expertas, estimuladas polas emocións deste desgraciado ano 2017, redactadas baixo a urxencia do momento, pero tamén temperadas e contrastadas polas moitas experiencias e reflexións a que deron lugar todos os lumes que foron arrasando Galicia nesta última e longa etapa incendiaria da súa historia.

Descargar ficha técnica: 

Peso 0,5 kg
Autoría

ISBN

978-84-948619-4-9

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Incendios forestales. Reflexiones desde Galicia”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio