Marcos A. González e Fernando Cobo, profesores da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolven a súa actividade investigadora no eido da Hidrobioloxía e da Limnoloxía, e teñen dirixido varios proxectos de investigación sobre sistemática, faunística e ecoloxía dos macroinvertebrados fluviais.
Estes animais, cunha talla media que oscila entre os 3 e os 5 mm, viven directamente sobre o sedimento ou en contacto temporal ou permanente coa superficie da auga. A obra pretende mostrar unha visión global da diversidade biolóxica existente e o seu valor de conservación, co obxectivo de deseñar plans de protección e conservación axeitados para este tipo de fauna, que sen dúbida constitúe un dos nosos máis valiosos patrimonios biolóxicos.
Os autores sosteñen que, malia a ser importante o número de macroinvertebrados censados actualmente, esta cifra só representa un 65% das especies que viven realmente nas nosas augas continentais.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.