De onde veñen os bebés? —pregunta unha nena. As palabras da súa nai, embarazada, convídannos a descubrir como en todas as culturas as respostas se enchen de símbolos e de poesía.
Un conto escrito por Caterina Valriu e ilustrado por Toni Galmés, que celebra a diversidade da vida e que nos conecta coa natureza e co misterio.
Autores:
Caterina Valriu (texto)
Caterina Valriu, tamén coñecida como Catalina Contacontes, é profesora de literatura na Universitat de Illes Balears e narradora oral. Encántalle ler, contar e inventar historias, soñalas, escribilas e narralas de viva voz a todos aqueles que queiran viaxar polas terras ignotas da fantasía. Nas súas obras os personaxes da cultura popular tradicional, os mitos e as lendas andan da man coa mirada contemporánea da nosa contorna vital. A súa escritura bebe da oralidade, cunha linguaxe que nalgunhas obras toma unha tinguidura poética. Dos seus libros para nenos podemos destacar Les banyes d’en Cucarell (Saïm Edicions 2019) ilustrado por Toni Galmés, En Galceran i les marietes (Bambú 2006 ) con ilustracións de Carme Peris, L’amic de paper (Jo llibre – Santillana 2015) ilustrado por Rebeca Luciani, Plou i fa sol (Barcanova 2015) ilustrado por Nívola Uyà e L’home de les paraules (2019) con acuarelas de Gabriel Lisowski. Polo seu traballo como investigadora en literatura infantil el 2010 recibiu o X Premio Aurora Díaz-Plaja de l’Associació d’Escriptors en Llengua Catalana.
Toni Galmés (ilustración)
Toni Galmés, nacido en Manacor, en decembro de 1983. Despois de licenciarme en Belas Artes e doutorarme en Historia da arte pola Universidade de Barcelona, dirixín a miña mirada cara ao storyboard e a ilustración editorial. Ilustrei libros para Penguin Random House, Duomo Edicións, Comanegra e Norma Editorial. Encántame traballar con técnicas de ilustración tradicional, como os lapis de cores, a tinta chinesa e a acuarela. Actualmente estou a realizar cómics para o mercado nacional e internacional
Descargar ficha: Ficha "De onde veñen os bebés"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.