+34 981 220 585 :: [email protected]

Emilia Pardo Bazán y la moda

Blanca P. Rodríguez Garabatos

19.90

É Emilia Pardo Bazán unha experta en moda? Rotundamente si. A autora coñece o sistema da moda e exhibe a súa erudición sobre o armazón industrial, artesanal, económico e comercial do mundo fashion nos seus relatos e na súa correspondencia privada.

Dispoñible

É Emilia Pardo Bazán unha experta en moda? Rotundamente si. A autora coñece o sistema da moda e exhibe a súa erudición sobre o armazón industrial, artesanal, económico e comercial do mundo fashion nos seus relatos e na súa correspondencia privada.

Dona Emilia enumera aos grandes couturier do momento e describe minuciosamente o seu estilo e as súas achegas á historia do deseño. O interese pola moda é utilizado pola condesa como un recurso narrativo para caracterizar a psicoloxía dos seus personaxes femininos, moitos dos cales (Rosa Neira, Pilar Gonzalvo, Lina Mascareñas…) non serían tan complexos nin interesantes se Pardo Bazán non nos falase dos seus vestidos ou da súa obsesión polos trapos.

Pardo Bazán non necesitou escribir un tratado sobre moda —aínda que puidese facelo con solvencia—, xa que a súa obra narrativa e teatral é máis que suficiente para admirar o seu enorme e sorprendente erudición sobre a materia.

Blanca Paula Rodríguez Garabatos realiza neste ensaio unha análise exhaustiva da obra narrativa dunha autora todoterreo que, interesándose pola moda —“unha conversación simpática para as mulleres”—, se converteu nunha especialista no tema e non dubidou en subliñar: “A moda non é algo arbitrario. Por iso merece considerarse como unha importante manifestación social e artística”.

Autora: Blanca Paula Rodríguez Garabatos

Investigadora e docente en Historia e Historia da arte.

Licenciada en Dereito e en Historia, na especialidade de Historia Contemporánea e Estudos Americanos, pola Universidade de Santiago de Compostela, é doutora en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña cunha tese titulada Moda da Belle Époque e indumentaria na obra de Emilia Pardo Bazán.

Impartiu conferencias sobre moda en diferentes seminarios da Universidade da Coruña (UDC), na Fashion and Design Conference, organizada pola Escuela de Diseño Textil y Moda de Galicia (ESDEMGA) e foi directora do curso “Vistiendo la época. La moda, el octavo arte” organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC).

É colaboradora habitual das revistas de cinema Versión Orixinal e Icónica e autora de diversos artigos sobre as relacións entre Moda, Literatura e Arte nas revistas Tropelías, Boletín Galego de literatura, DeSignis e A Tribuna.

Descargar ficha: 

Autor/a:

ISBN:

Idioma:

Encadernación:

Tamaño:

Páxinas:

Ano de publicación:

Comentarios

Aínda non hai valoracións.

So os usuarios rexistrados que compraran este produto poden deixar unha valoración.

You may also like…