A Coruña, pasado e presente

Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan —mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos— o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.

19,00 

Categorías: , ,

Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan —mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos— o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.

A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo.

Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake.

Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda.

Autores:

Carmen Martínez Torrón (fotografías)

Coruñesa do 77. Dos Castros. Converteu nunha profesión o que empezou sendo unha afección. A pesar da súa reducida estatura, saca fotos moi grandes, e nas súas redes retrata a cidade cun ollo que só un profundo coñecedor e amante da cidade podería lograr. O seu recuncho favorito da cidade é a Torre de Hércules. En redes, é @SuperKarmen.

Xosé Castro Roig (texto)

Coruñés do 68. Da rúa Rei Abdullah. Vive en Madrid desde 1990. Aínda que leva máis de media vida fóra da cidade, fala coruño con fluidez e exerce de coruñés en todo momento. Pasa boas tempadas na cidade. Cada vez que regresa á Coruña, quita de enriba a morriña chapando patacas e churros de Bonilla, e tampouco lles di que non aos do Timón. Estraña os callos do Gasógeno e as luras do Otero. O seu recuncho favorito da cidade é o espigón. En redes, é @XoseCastro.

Descargar ficha:

Peso 0,5 kg
Autoría

,

Traductor/a:

Charo Baleirón Sóñora

ISBN

978-84-121678-7-0 (castellano) 978-84-121678-8-7 (gallego)

Idioma:

Castelán, Galego

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Páxinas:

160

Ano de publicación

2020

Encadernación:

Rústica con solapas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A Coruña, pasado e presente”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio