RESERVA XA O TEU EXEMPLAR E MANDÁMOSCHO EN CANTO ESTEA DISPOÑIBLE (12-04)!
- Por que teñen tan mala fama as graxas?
- En que alimentos encontramos proteínas?
- Por que din que hai que beber moita auga?
- Queres aprender a preparar algunhas receitas sas e divertidas?
- Como podemos facer máis exercicio no noso día a día?
Para medrar, ter forza e non caer enfermos, precisamos comer varias veces ao día e de forma variada, ademais de facer exercicio e de levar unha vida activa.
- Mirácheste algunha vez no espello e vícheste mil defectos?
- Meteuse alguén contigo polo teu peso?
Coidarse a través da comida e do exercicio é só unha pequena parte da vida sa: quererse e respectarse a un mesmo é o máis importante, e deberiamos seguir este camiño desde o primeiro momento da nosa vida.
En Vida Sa! atoparedes un libro de nutrición básica e de receitas saudables, pero tamén un manual de amor propio para nenos e nenas, para que aprendan a vivir san desde hoxe e para sempre.
Descargar ficha técnica: Ficha "Vida sa!"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.