De mañá, moi cedo, espértanos a nosa avoa. Ela vístenos, lévanos á parada do bus,
fai o xantar, xoga e apréndenos moitas cousas. Ten moitísimos anos, aínda
que non sempre tivo tantos.
Quérenos moito, e nós tamén a ela.
Queres coñecela?
Autor do texto: R. J. Peralta
Nado en Buenos Aires, Argentina. Comezou a escribir sendo meniño, acadando recoñecemento no seu colexio de primaria. Gañador do concurso de relato do IES Rosalía de Castro no curso 2004/2005 e, nese mesmo curso, 4to lugar no concurso “Entre Nós en Galego”. De formación Psicólogo, pola Universidade de Santiago, combina a súa profesión coa escritura. No 2017 publicou “Manuela”, o seu primeiro álbum, ao que seguiron varios proxectos para o mercado galego, nacional e americano.
Autora de las ilustracións: Blanca Millán
Nada nunha pequena aldea do concello de Touro (1991), graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, pinta dende que ten memoria e ilustra contos dende que é nai. Tocou diversos campos do mundo da ilustración, como o deseño editorial, a ilustración de producto ou a cartelería, pero a súa gran paixón son os libros ilustrados. No 2017 publicáronse os seus primeiros traballos de álbum ilustrado, Manuela e A maxia de mamá, este último como autora íntegra, e dende entón non deixou de traballar. Nos últimos catro anos ilustrou máis de vinte libros para o mercado galego, nacional e americano, e ten novos proxectos que pronto verán a luz. Na actualidade segue a ilustrar historias no seu pequeno estudio.
Descargar ficha técnica: Ficha "Bos días, avoa"