Aprende divertíndote xogando ao busca e atopa
no Camiño Portugués da Costa!
Nestas páxinas, agóchanse personaxes célebres,
festas tradicionais, ingredientes máxicos
da gastronomía galega
e o mesmísimo apóstolo Santiago.
Autores: Noelia Muíños y Ramón Quintas
Noelia Muiños e Ramón Quintas forman xuntos Papelier, un proxecto de creación de ilustración e deseño con sede en Baiona. Noelia (Ponte Caldelas, 1986) é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Con experiencia no ámbito do deseño gráfico e editorial traballou tamén como docente no campo artístico e creativo con nenos e adultos. Ramón (Gondomar, 1983) é Licenciado en Belas Artes e desenvolve a súa actividade profesional principalmente no ámbito docente con xóvenes e nenos. Coñecéronse estudando o Máster de Profesorado polo itinerario artístico en Pontevedra e logo emigraron a Austria, onde viviron durante os últimos sete anos. Alí deron forma á marca “Caixa de Mistos“, proxecto de ilustración con colección de papelaría e complementos propios. Baixo este nome realizaron exposicións, participaron en feiras de arte e artesanía, organizaron obradoiros creativos e realizaron numerosos encargos de deseño gráfico e ilustración. Dende 2018 Caixa de Mistos pasou a denominarse Papelier, tomando toda esa experiencia anterior, pero buscando novos camiños.
Descargar ficha: Ficha "Camiño Portugués da Costa"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.