+34 981 220 585 :: [email protected]

Haikus de Paizás

17.00

Haikus de  Paizás ofrece ao lector algo máis dun centenar de  haikus escritos en lingua castelá, e traducidos á lingua galega. O contido ofrece a continuación doutro libro anterior,  Haikus de  Guillamonde, publicado pola editorial Hércules de Edicións no ano 2015.

 

Dispoñible

Categoría:

Con  Haikus de  Paizás o seu autor, Francisco Puy sorpréndenos unha vez máis. A nosa sorpresa despréndese do feito de que el é un mestre na arte da Xurisprudencia. A súa vida, dedicada á investigación, ao estudo e ao ensino, mostra unha constante que se resume na procura da sabedoría; unha sabedoría que, como toda obra importante, móstrase esquiva; unha sabedoría que esixe un esforzo constante en procúra da excelencia; unha sabedoría, cuxa procura o identifica a día de hoxe como o legado de toda unha vida. Con todo o libro que teñen entre as súas mans é un libro de poesía.

Haikus de  Paizás ofrece ao lector algo máis dun centenar de  haikus escritos en lingua castelá, e traducidos á lingua galega. O contido ofrece a continuación doutro libro anterior,  Haikus de  Guillamonde, publicado pola editorial Hércules de Edicións no ano 2015.

A temática descrita en ambas as obras, suxire a implicación do ser humano coa natureza. Unha implicación vista nun segundo de tempo, como unha faísca, como un  fogonazo, un instante a penas captado que permite a cada observador a súa particular interpretación. Ese instante ten, no caso da obra que agora se presenta, a súa localización xeográfica na casa de  Guillamonde e na aldea de  Paizás. Lugares reais e non imaxinarios, que están ligados á experiencia vital do  haijin. Quizá por iso os  haikus neles inspirados, resultan tan próximos a quen os le.

A colaboración de Sara Prieto Puy con cada unha das viñetas que acompañan os  haikus ofrece ao lector un complemento imprescindible para comprendelos e situalos no seu contexto. O resultado final de texto e ilustracións constitúe en si mesmo unha experiencia de beleza, sensibilidade e poesía que non debe faltar na biblioteca de ningún de vostedes.

ISBN:

Encadernación:

,

Ano de publicación:

Tamén recomendamos…

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. mais información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close