Neste conxunto de ensaios mordaces e oportunos sobre a persistente desigualdade entre mulleres e homes e a violencia baseada no xénero, Solnit cita a súa experiencia persoal e outros exemplos reais de como os homes mostran unha autoridade que non gañaron, mentres que as mulleres foron educadas para aceptar esa realidade sen cuestionala. A autora narra a experiencia que viviu durante unha cea na que un descoñecido se puxo a falarlle acerca dun libro incrible que lera, ignorando o feito de que ela mesma o escribira, a pesar de que llo fixeron saber ao principio da conversación. Ao final resultou que nin sequera lera o libro, senón unha recensión de The New York Times.
Os restantes capítulos tratan temas como unha análise da grande escritora feminista Virginia Woolf, o tópico da dúbida e da ambigüidade, unha investigación moi orixinal sobre a igualdade no matrimonio e unha enquisa aterradora sobre o alcance da violencia contemporánea contra a muller.
Autora: Rebecca Solnit
Escritora, historiadora, activista, editora e colaboradora da revista Harper, onde escribe regularmente a sección «Easy Chair», Rebecca Solnit tratou unha ampla variedade de temas, incluíndo a preservación do medio, a política e a arte. Dende os comezos dos oitenta traballou en numerosas campañas de dereitos humanos — como o Proxecto de Defensa de Western Shoshone a principios dos noventa, que describe no seu libro Savage Dreams— e con activistas contra a guerra durante a era Bush.
Entre os seus libros máis coñecidos destaca Un paraíso construído no inferno (2009), no que dá conta das extraordinarias comunidades que xorden tras certos desastres como o do furacán Katrina, un feito que xa analizara no seu ensaio «Os usos de desastres: notas sobre o mal tempo e o bo goberno», publicado por Harper o mesmo día que o furacán golpeaba a costa do Golfo.
Solnit recibiu dúas bolsas NEA de Literatura, unha bolsa Guggenheim, unha bolsa Lannan e no 2004 o Premio Wired Rave por escribir sobre os efectos da tecnoloxía nas artes e nas humanidades. No 2010 Reader Magazine nomeouna como «unha das 25 visionarias que están a cambiar o mundo».
Este libro foi publicado grazas á axuda da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Descargar ficha: Ficha "Os homes explícanme cousas"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.