Mona Chollet reflexiona, neste brillante ensaio, sobre a herdanza patriarcal no pensamento europeo, desde a caza de bruxas ata a actualidade.
Este libro explora tres estereotipos de muller e o proceso que conduciu á súa estigmatización, así como o que queda na actualidade desa visión, tanto nos nosos prexuízos como nas nosas representacións: a muller independente, debido a que viúvas e solteiras foron especialmente perseguidas; a muller sen fillos, posto que a época das persecucións sinalou o fin da tolerancia cara ás que pretendían controlar a súa fertilidade; e a muller maior, convertida desde entón en obxecto de aversión.
Autora: Mona Chollet
Nacida en Xenebra en 1973, é unha xornalista e ensaísta suiza. Desde 2016, é xefa de edición en Le Monde diplomatique. Como ensaísta é autora de Beauté fatale. Les nouveaux visages d’une aliénation féminine, de Chez soi. Une odyssée de l’espace domestique e desta obra mestra que agora publicamos en galego, Sorcières.
Este libro foi publicado grazas á axuda da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Descargar ficha: Ficha "Bruxas"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.