TEXTO _ Manuel María Puga y Parga, Picadillo, e Emilia Pardo Bazán
ILUSTRACIÓNS _ Luís Sendón
IDIOMAS DE EDICIÓN: Castelán
Este volume da serie Galicia para soñar recompila, por primeira vez nun só tomo, as tres obras cumio da lite- ratura gastronómica da Galicia de principios do século XX: La cocina práctica, de don Manuel María Puga y Parga, e La cocina española antigua e La cocina española moderna, ambas de dona Emilia Pardo Bazán.
Esta edición engade dúas valiosas novidades. Por unha banda, trátase dun libro ilustrado. Os diversos apartados (sopas, caza, aves de curral, peixes, postres…) e receitas van acompañados dunhas excelentes ilustracións realizadas expresamente para esta publicación.
Ademais, ao final do volume engádese un glosario que permite a comprensión sinxela de termos de uso frecuente no argot culinario de ambos os dous autores: chula, rustrido ou cachelo, procedentes do galego; pero tamén bouillabaisse, brioche, chateaubriand, entrecote, kirsch ou ragout, do francés.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.